11 novembro, 2010 | 13:04:00

A biblioteca abre en noites e fin de semana desde o 13 de novembro ao 3 decembro

Para facilitar a preparación dos exames do vindeiro mes de decembro, a Biblioteca pon en marcha aperturas de noites e fins de semana nos tres campus.  As devanditas aperturas terán lugar nas bibliotecas centrais dos campus de Pontevedra e Ourense, e na biblioteca de Torrecedeira en Vigo.  A maiores, a Biblioteca Central do campus Lagoas-Marcosende (Vigo) reforzará as aperturas de fin de semana.

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en horario
10 novembro, 2010 | 10:18:00

Pregunta da enquisa PREME de novembro-decembro: a satisfacción xeral coa Biblioteca

Coa chegada dos dous últimos meses do ano 2010, a Biblioteca, dentro do seu interese por coñecer a opinión dos seus usuarios e usuarias, lanza a pregunta anual da súa enquisa PREME sobre o grao de satisfacción xeral.  A diferenza das preguntas doutros meses, dirixidas a aspectos concretos do servizo (instalacións, persoal, coleccións...), esta pregunta intenta averiguar que opina a comunidade universitaria e o resto de usuarios sobre o funcionamento en xeral da Biblioteca.

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en calidade , enquisas
15 setembro, 2010 | 10:46:00

Enquisa PREME: a satisfacción coas coleccións que ofrece a Biblioteca

Co comezo do novo curso 2010-2011, a Biblioteca Universitaria retoma o seu programa de enquisas de satisfacción dirixidas aos seus usuarios e usuarias.  Nesta ocasión, a pregunta, correspondente aos meses de setembro e outubro, trata da satisfacción dos usuarios coas coleccións biblliográficas que a Biblioteca ofrece.

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en enquisas , usuarios
17 agosto, 2010 | 13:29:00

Aperturas especiais de bibliotecas da UVigo en agosto e setembro

Con ocasión dos exames de setembro, a Biblioteca Universitaria pon en marcha horarios especiais de apertura de noites e de fins de semana...

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en horario , UVigo
1 xullo, 2010 | 13:19:00

Vídeo-titorial sobre Pórtico e SFX

O Consorcio Bugalicia acaba de lanzar un vídeo-titorial no que se explican as funcionalidades do metabuscador de recursos electrónicos Pórtico e do xestor de enlaces SFX.  O vídeo, cunha duración aproximada de 15 minutos, mostra como buscar en varios recursos-e á vez (bases de datos, revistass-e, repositorios...) e acceder, no seu caso, ao texto completo das revistas-e e dalgunhas coleccións de libros electrónicos ou e-books.


<< < 22 23 24 25 26 27 28 29 30 > >>
Amosando páxina 26 de 192 rexistros

TAGS
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2024 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal