30 abril, 2013 | 09:14:00

Campaña a prol da lectura na biblioteca de Telecomunicación

Na biblioteca de Teleco comezamos o pasado 24 de abril unha sinxela campaña de fomento da lectura. A iniciativa pretende perdurar no tempo o máis posible e amosar ao público que nas bibliotecas da universidade temos moito máis que manuais para as materias de estudo e as bibliografías recomendadas.

Trátase dunha pequena mostra organizada polo persoal desta biblioteca que no ten máis de oito ou dez obras (preferentemente libros e DVDs) que se renovarán cada semana.  Procuraremos alternar os fondos da nosa biblioteca cos das outras bibliotecas da Universidade de Vigo. Polo de agora buscamos chamar o interés dos usuarios e usuarias presentando os títulos máis curiosos sobre temáticas variadas. Máis adiante trataremos de facer pequenas mostras monográficas semanais coma libros de fotografía, libros de matemáticas, películas, libros de viaxe...
 
Non se trata dunha exposición fixa e, en todo momento o público poderá levar en préstamo calquera dos libros que se reemplazarán no carro expositor por outros igualmente chamativos. Buscamos fomentar a lectura e, por suposto, incrementar os préstamos.

comentarios

¡Enhorabuena por la iniciativa! Y para cuando pasen los exámenes, una selección de "lecturas refrescantes"
Publicado por: pazc | 30/04/2013 20:19:42
TAGS

Buscador

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

noviembre 2017
LMMXVSD
303112345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930123
45678910
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2017 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal