16 xaneiro, 2012 | 13:06:00

Comeza curso virtual ”Máis alá de Google. Como buscar e xestionar información...”

O vindeiro luns, 23 de xaneiro, comeza a primeira edición do curso virtual "Máis alá de Google. Como buscar e xestionar información para un traballo académico", organizado pola Biblioteca Universitaria.  O curso conta cun recoñecemento de dous créditos de libre elección e un crédito ECTS. Dada a boa acollida desta edición e o interese que despertou entre a comunidade universitaria, organizaremos unha próxima edición do curso entre o 9 de abril e o 11 de maio de 2012 que se anunciará no mes de marzo na plataforma Bubela.

12 xaneiro, 2012 | 14:43:00

Enquisa PREME de xaneiro-febreiro 2012: o servizo de préstamo

Co novo ano, a Biblioteca inicia unha nova campaña de recollida de enquisas de satisfacción dos seus usuarios e usuarias (enquisa PREME).  Coa finalidade de coñecer a opinión da comunidade universitaria sobre outros servizos e áreas de actividade da Biblioteca, as enquisas deste ano tratarán doutros aspectos distintos aos ata agora contemplados.  Para comezar, a pregunta correspondente a xaneiro-febreiro de 2012 trata da satisfacción co servizo de préstamo de libros...

13 decembro, 2011 | 14:10:00

Calendario de aperturas especiais en xaneiro 2012

Con ocasión da convocatoria de exames e probas de avaliación do primeiro período (do 10 ao 21 de xaneiro de 2012) de acordo co calendario escolar deste curso aprobado polo Consello de Goberno da UVigo, a Biblioteca Universitaria vai levar a cabo a ampliación dos seus horarios de apertura nos campus de Vigo, Ourense e Pontevedra a partir do vindeiro 7 de xaneiro...

14 novembro, 2011 | 10:00:00

Aperturas especiais de bibliotecas para os exames de decembro

Co gallo dos exames de fin de carreira e da convocatoria de decembro nas titulacións a extinguir, a Biblioteca Universitaria pon en marcha os seus horarios especiais de apertura desde o vindeiro día 21 de novembro ata o 2 de decembro...

8 novembro, 2011 | 12:56:00

Enquisa PREME de novembro-decembro: a satisfacción xeral coa Biblioteca

De acordo coa súa programación da enquisa PREME que intenta recoller a opinión dos usuarios e usuarias sobre o servizo que reciben da Biblioteca Universitaria, ao longo destes meses de novembro e decembro, a Biblioteca vai formular a súa pregunta anual sobre o grao de satisfacción xeral cos seus servizos...


1 2 3 4 5 > >>
Amosando páxina 1 de 83 rexistros

TAGS

Buscador

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

febrero 2012
LMMXVSD
303112345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728291234
567891011
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2012 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal