27 abril, 2012 | 13:28:00

Mostra fotográfica de ”Retratando Libros” na Biblioteca Central de Lagoas-Marcosende

Lectores concentrados, lectores despistados, gatos entre libros, libros entre fíos, as librarías máis belas do mundo, as máis humildes, a lectura cálida do fogar ou a fría dunha rúa... En Exipto, en Etiopía, Marrakech, Praga, Azores, Ares, Vigo... todo está en "Retratando libros", a mostra fotográfica que dende o 23 de abril, Día do Libro, pode verse na Biblioteca Central do campus Lagoas-Marcosende da UVigo.

25 abril, 2012 | 14:48:00

Concurso para o nome do repositorio institucional da UVigo

A UVigo vai pór en marcha un repositorio institucional de acceso aberto para difundir e preservar a documentación producida polos seus investigadores e investigadoras. Neste marco, a universidade, a través da Biblioteca Universitaria, lanza unha convocatoria de concurso, aberta a toda a comunidade universitaria, para elixir o nome deste repositorio.  O obxecto do concurso é atopar un nome que identifique inequivocamente ao repositorio da UVigo e favoreza a súa visibilidade. O prazo de presentación de propostas comeza o 25 de abril de 2012 e rematará ás 22:00 horas do día 25 de maio de 2012. O/A autor/a da proposta elixida polo xurado recibirá como premio un iPad2 patrocinado por EBSCO Subscription Services España...

10 abril, 2012 | 13:28:00

Horarios especiais de apertura de bibliotecas para maio-xuño 2012

Con obxecto de facilitar ao alumnado a preparación das probas de avaliación e exames de maio-xuño, a Biblioteca Universitaria programou aperturas especiais a partir do sábado 5 de maio...

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en horario
7 marzo, 2012 | 11:56:00

Enquisa PREME de marzo-abril 2012: a satisfacción coa web da Biblioteca

Ao longo destes meses de marzo e abril, a Biblioteca Universitaria vai formular unha nova pregunta aos seus usuarios e usuarias sobre a súa satisfacción cos servizos que presta.  Nesta ocasión a pregunta refírese á satisfacción coa páxina web da Biblioteca.  Para acceder á nova enquisa pódese facer desde este enlace ou desde o enlace incluído na propia páxina web da Biblioteca....

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en calidade , enquisas
29 febreiro, 2012 | 10:31:00

Segunda edición do curso virtual ““Máis alá de Google”

Dende o 1 de marzo, estará dispoñible na plataforma Bubela a convocatoria da segunda edición do curso "Máis ala de Google. Como buscar e xestionar información para un traballo académico" organizado pola Biblioteca Universitaria.  O curso desenvolverase entre o 9 de abril e o 11 de maio desde ano 2012 e, ao igual que na edición anterior, conta co recoñecemento de dous créditos de libre elección e un crédito ECTS.

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en cursos

<< < 18 19 20 21 22 23 24 25 26 > >>
Amosando páxina 22 de 192 rexistros

TAGS
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2024 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal