22 xuño, 2010 | 09:14:00

Lecturas refrescantes: a túa biblioteca tamén no verán

Achégase o verán e a Biblioteca da Facultade de Filoloxía e Tradución, no campus Lagoas-Marcosende (Vigo) vos propón unha selección de lectura refrescantes.  Desde Margaret Atwood a Amin Maalouf ou Domingo Villar, pasando por libros de cine, cómics ou guías de viaxes, unha boa colección de títulos atópanse a túa disposición na biblioteca tamén en verán.

Publicado por GMG | Comentarios (2)
Archivado en expos
3 xuño, 2010 | 13:42:00

Concurso para os usuarios da Biblioteca da UVigo: gaña un iPod Nano coas revistas-e de Emerald

O editor Emerald Group Publishing vén de anunciar un concurso para os usuarios e usuarias da Biblioteca da Uvigo no que se pode gañar un iPod Nano de 8Gb. O concurso consiste en responder a un cuestionario de cinco preguntas sobre las revistas electrónicas de Emerald Managament.

1 xuño, 2010 | 14:13:00

Novo vídeo sobre a Biblioteca Universitaria e os seus servizos

A Sección de Referencia da Biblioteca Universitaria vén de lanzar un vídeo introdutorio sobre a biblioteca e os seus servizos.  O vídeo pode atoparse en http://tv.uvigo.es/gl/serial/701.html.

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en vídeos
10 maio, 2010 | 12:17:00

Aperturas especiais de bibliotecas da Uvigo en maio, xuño e xullo

Como en cursos anteriores, con motivo dos exames do segundo cuadrimestre e da convocatoria de xullo, a Biblioteca Universitaria vén de poñer en marcha os horarios especiais de apertura, tanto de noites como de fins de semana.

Publicado por GMG | Comentarios (3)
Archivado en horario
3 maio, 2010 | 14:50:00

Enquisa PREME: a satisfacción co trato e atención recibido do persoal

Para a Biblioteca Universitaria, a medición da satisfacción dos seus usuarios e usuarias constitúe unha preocupación principal.  Con esta finalidade, a Biblioteca desenvolveu o seu sistema de enquisas "PREME" que, desde xaneiro de 2010, se leva a cabo con periodicidade bimestral.  Neste caso, para o  período maio-xuño, a pregunta que se formula trata da percepción dos usuarios/as sobre o trato e atención que reciben do persoal bibliotecario.


<< < 23 24 25 26 27 28 29 30 31 > >>
Amosando páxina 27 de 192 rexistros

TAGS

Buscador

Post por Mes

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

abril 2024
LMMXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293012345
6789101112
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2024 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal