Blogdabiblio compracese en presentar á comunidade universitaria e aos internautas en xeral o novo blog "Mercando libros" xurdido como iniciativa da Sección de Adquisicións da Biblioteca Universitaria de Vigo.
Retratando libros é unha iniciativa da Sección de Adquisicións da Biblioteca Universitaria, que che propón participar na recollida de imaxes relacionadas co mundo do libro. Por que non participas?...
Dende o día 1 de xullo de 2008 todo o contido das revistas de Blackwell Synergy (incluido o texto completo en HTML e PDF dos artigos de fascículos en curso, arquivos ou backfiles, e fascículos publicados en liña antes que impresos), incorporarase á plataforma Wiley InterScience. Para o fin de semana do 28-29 de xuño de 2008 está programado o período en que ámbalas dúas plataformas non estarán dispoñibles mentres dure a transición e a reindexación de datos.
A Biblioteca Universitaria e a Vicerreitoría de Investigación da Universidade de Vigo, en colaboración coa editorial científica Elsevier, organizan un encontro entre investigadores do ámbito da Química e editores de revistas de alto índice de impacto. Baixo o título "Descubre como publicar en Tetrahedron e outras revistas científicas", o encontro vai ter lugar o vindeiro 5 de xuño de 2008. A Biblioteca comprácese en invitar a cantos investigadores (especialmente da área da Química) estean interesados en asistir (prégase confirmen a asistencia a incidenbiblio@uvigo.es).
En xaneiro de 2007 a Universidade de Vigo asinou un convenio de colaboración coa Fundación INTEGRA para levar a cabo un programa de prácticas de carácter formativo para persoas con discapacidades intelectuais. No programa, canalizado a través da Oficina do Voluntariado da UVigo, participa desde o verán de 2007 a Biblioteca Universitaria.