9 abril, 2014 | 11:32:00

Programación das aperturas especiais de bibliotecas co gallo dos exames do segundo cuadrimestre

Co gallo da convocatoria de exames do 2º cuadrimestre do presente curso, a Biblioteca Universitaria programou un novo período de aperturas nocturnas e de fins de semana nos tres campus a partir do vindeiro 19 de abril, sábado, e ata o 29 de maio...

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en horario
25 marzo, 2014 | 12:04:00

Xa está dispoñible a través da web da Biblioteca Universitaria o servizo bX Hot Articles

Bx Hot Articles é un servizo gratuíto que achega aos nosos dispositivos móbiles o "top-ten" dos artigos académicos nas disciplinas máis importantes e que dende agora está dispoñible a través da web da Biblioteca Universitaria...

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en revistas-e
6 febreiro, 2014 | 11:57:00

Nova colección de códigos electrónicos do BOE

A Agencia Estatal Boletín Oficial del Estado vén de lanzar a nova colección de códigos electrónicos para descargar en ordenador, tablet ou teléfono móbil dun xeito sinxelo e gratuíto en formatos pdf e ePub.  Estes códigos, en permantente actualización, recompilan a lexislación vixente nos diferentes ámbitos do dereito español: constitucional, civil, administrativo, penal, procesual, mercantil, social, tributario e financeiro.  Os títulos dispoñibles iranse ampliando progresivamente ata abarcar todos os sectores do ordenamento...

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en libros-e
4 febreiro, 2014 | 13:37:00

Coñeces o curso ”Busca e xestión da información para o TFG”?

Este curso ten coma obxectivo dotar aos estudantes das competencias e habilidades necesarias para poder desenvolver correctamente os seus traballos fin de grao/carreira (TFG). As habilidades están relacionadas coa busca e uso da información: buscar, analizar e seleccionar a información dun xeito eficiente, organizala adecuadamente, utilizala e comunicala de forma ética e legal...

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en cursos , usuarios
4 decembro, 2013 | 13:28:00

7ª EDICION DO CURSO ”MAIS ALÁ DE GOOGLE”

Organizado pola Biblioteca Universitaria, vaise celebrar a comezos do vindeiro ano 2014 unha nova edición do curso en liña "Máis alá de Google. Como buscar e xestionar información para un traballo académico".  O curso, que está recoñecido con 2 créditos de libre elección e 1 crédito ECTS, desenvolverase do 21 de xaneiro ao 23 de febreiro de 2014...

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en cursos

<< < 12 13 14 15 16 17 18 19 20 > >>
Amosando páxina 16 de 192 rexistros

TAGS
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2024 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal