6 abril, 2016 | 08:55:00

A Biblioteca Central do campus Lagoas-Marcosende organiza a actividade ”Biblioteca humana”

O vindeiro xoves, 14 de abril, terá lugar desde as 16:00 h. na Biblioteca Central do campus Lagoas-Marcosende a actividade "Biblioteca humana" no marco do programa Ágora Xove, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.

11 febreiro, 2016 | 13:48:00

Acceso á colección de libros electrónicos da editorial científica Wiley

Ata o vindeiro 11 de xullo, a Biblioteca Universitaria pon a disposición da comunidade universitaria o acceso á colección de libros electrónicos da editorial Wiley.  A iniciativa vai permitir acceder ao texto completo de máis de 18.500 libros-e científicos desde a plataforma do editor (Wiley Online Library), desde a web da Biblioteca Universitaria (enlace "recursos electrónicos > libros electrónicos") ou desde o catálogo da Biblioteca.

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en libros-e
10 febreiro, 2016 | 11:59:00

Obradoiro sobre como publicar traballos de investigación na Escola de Enxeñaría Industrial

O vindeiro 24 de febreiro terá lugar, na Aula de Grao da Escola de Enxeñería Industrial do campus Lagoas-Marcosende, un obradoiro sobre como publicar traballos de investigación.  O evento está organizado polo "Programa de Doutoramento en Investigación en Tecnoloxías e Procesos Avanzados na Industria" coa colaboración da Biblioteca Universitaria e a editorial científica Springer.

17 novembro, 2015 | 08:37:00

Aperturas especiais de bibliotecas en decembro 2015-xaneiro 2016

Para facilitar ao alumnado as tarefas de preparación dos exames e probas de avaliación de decembro-xaneiro, a Biblioteca Universitaria vai poñer en marcha unha nova programación de aperturas en horarios especiais (noites e fins de semana) a partir do vindeiro sábado 28 de novembro de 2015 e ata o martes 19 de xaneiro de 2016.  As datas e horarios desta programación son os seguintes...

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en horario
30 setembro, 2015 | 11:06:00

12ª edición do curso virtual ”Máis alá de Google”

A Biblioteca Universitaria comunica o comezo do período de inscrición no curso virtual "Máis alá de Google: como buscar e xestionar información para un traballo académico" a impartir dende o 9 de novembro ao 12 de decembro deste ano 2015...

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en cursos

<< < 9 10 11 12 13 14 15 16 17 > >>
Amosando páxina 13 de 192 rexistros

TAGS
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2024 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal