7 maio, 2012 | 13:24:00

ENQUISA PREME DE MAIO-XUÑO 2012: SATISFACCIÓN COA ATENCIÓN ÁS SUXESTIÓNS DE COMPRA

Co inicio do mes de maio, compre efectuar una nova pregunta no marco da enquisa de satisfacción cos servizos que presta a Biblioteca Universitaria.  Neste caso, a pregunta trata sobre a atención das suxestións de adquisición de libros e outros materiais bibliotecarios que fan os/as usuarios/as da Biblioteca...

27 abril, 2012 | 13:28:00

Mostra fotográfica de ”Retratando Libros” na Biblioteca Central de Lagoas-Marcosende

Lectores concentrados, lectores despistados, gatos entre libros, libros entre fíos, as librarías máis belas do mundo, as máis humildes, a lectura cálida do fogar ou a fría dunha rúa... En Exipto, en Etiopía, Marrakech, Praga, Azores, Ares, Vigo... todo está en "Retratando libros", a mostra fotográfica que dende o 23 de abril, Día do Libro, pode verse na Biblioteca Central do campus Lagoas-Marcosende da UVigo.

25 abril, 2012 | 14:48:00

Concurso para o nome do repositorio institucional da UVigo

A UVigo vai pór en marcha un repositorio institucional de acceso aberto para difundir e preservar a documentación producida polos seus investigadores e investigadoras. Neste marco, a universidade, a través da Biblioteca Universitaria, lanza unha convocatoria de concurso, aberta a toda a comunidade universitaria, para elixir o nome deste repositorio.  O obxecto do concurso é atopar un nome que identifique inequivocamente ao repositorio da UVigo e favoreza a súa visibilidade. O prazo de presentación de propostas comeza o 25 de abril de 2012 e rematará ás 22:00 horas do día 25 de maio de 2012. O/A autor/a da proposta elixida polo xurado recibirá como premio un iPad2 patrocinado por EBSCO Subscription Services España...

10 abril, 2012 | 13:28:00

Horarios especiais de apertura de bibliotecas para maio-xuño 2012

Con obxecto de facilitar ao alumnado a preparación das probas de avaliación e exames de maio-xuño, a Biblioteca Universitaria programou aperturas especiais a partir do sábado 5 de maio...

7 marzo, 2012 | 11:56:00

Enquisa PREME de marzo-abril 2012: a satisfacción coa web da Biblioteca

Ao longo destes meses de marzo e abril, a Biblioteca Universitaria vai formular unha nova pregunta aos seus usuarios e usuarias sobre a súa satisfacción cos servizos que presta.  Nesta ocasión a pregunta refírese á satisfacción coa páxina web da Biblioteca.  Para acceder á nova enquisa pódese facer desde este enlace ou desde o enlace incluído na propia páxina web da Biblioteca....


1 2 3 4 5 > >>
Amosando páxina 1 de 89 rexistros

TAGS

Buscador

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

mayo 2012
LMMXVSD
30123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031123
45678910
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2012 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal