26 marzo, 2009 | 15:37:00

Nace o Blog da Biblioteca de Torrecedeira

A biblioteca de Torrecedeira pon en marcha un blog para mellorar a comunicación cos seus usuarios, ofrecéndolles novas, información sobre actividades e recursos bibliotecarios, etc.   En palabras da Directora da biblioteca e impulsora do blog, "o obxectivo principal é conseguir unha canle de comunicación cos nosos usuarios".

Tras Blogdabiblio e Mercando libros, o lanzamento do "blog da Biblioteca de Torrecedeira" vén reforzar as iniciativas da Biblioteca Universitaria de desenvolvemento da "biblioteca 2.0". Este novo blog continua coa introdución da filosofía 2.0 na forma de traballar dos bibliotecarios/as da UVigo baseada en principios como a co-creación, o efecto rede e o valor da contribución do usuario. Como sinala Alorza, editor do blog Administraciones en Red, a potencia dos blogs deriva do carácter bidireccional da comunicación que establecen e da facilidade para formar redes con outros blogs e outros medios. Por iso os blogs deben entenderse como conversas non só dentro de cada blog, senón tamén entre eles.

Do mesmo xeito que no caso de Mercando Libros, Blogdabiblio dá a benvida ao blog da biblioteca de Torrecedeira. Xa somos tres!

Publicado por GMG | Comentarios (0) | Visitas (7985)
Archivado en blog , UVigo
TAGS

Buscador

Post por Mes

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

septiembre 2019
LMMXVSD
2627282930311
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30123456
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2019 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal