4 novembro, 2008 | 11:01:00

A Biblioteca lanza o proxecto ”PREME” (unha pregunta cada mes)

No seu esforzo por tratar de coñecer mellor a opinión e o grao de satisfacción dos seus usuarios, a Biblioteca da Universidade de Vigo pon en marcha o proxecto PREME (unha pregunta cada mes). "PREME" da nome ao conxunto de enquisas dixitais concibido para captar de forma áxil e sinxela o nivel satisfacción dos usuarios coa Biblioteca.

O proxecto forma parte dos obxectivos de mellora do sistema de xestión da calidade da Biblioteca ISO 9001. Para o seu desenvemento cada mes formularase unha pregunta distinta de xeito que, ao cabo do ano, póidase obter unha visión xeral da opinión dos usuarios sobre as distintas dimensións do servizo bibliotecario.

Ao longo de cada ano, PREME preguntará aos usuarios a opinión que lles merecen os distintos servizos e recursos que a Biblioteca Universtaria ofrece: coleccións impresas, recursos electrónicos, instalacións, servizos de préstamo, calidade da atención ao público, actividades de formación, etc. Nesta primeira ocasión, a pregunta refírse ao grao de satisfacción cos servizos de préstamo de libros.

A Biblioteca solicita aos usuarios que colaboren cubrindo os cuestionarios dixitais.  Esta enquisa é completamente anónima e os cuestionarios só son accesibles desde ordenadores integrados na rede da Universidade de Vigo. Aqueles usuarios que non dispoñan de ordenadores cun enderezo IP da UVigo, poden cumprimentar os cuestionarios dixitais desde calquera dos ordenadores públicos situados nas once bibliotecas das que se compoñe a Biblioteca Universitaria.

TAGS

Buscador

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

abril 2017
LMMXVSD
272829303112
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
1234567
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2017 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal