13 novembro, 2020 | 10:19:00

Novo informe sobre as publicacións científicas da UVigo en 2019

A Biblioteca Universitaria vén de presentar o informe Publicacións científicas da Universidade de Vigo 2019, elaborado a partir dos datos extraídos das bases de datos Web of Science (WoS), Scopus e Dialnet. No estudo, elaborado pola Área de Servizos Bibliométricos, destacamos como datos máis relevantes: 1505 documentos indexados en WoS, 1516 documentos indexados en Scopus e 1289 documentos indexados en Dialnet asinados por membros da UVigo...

Outros datos de interese son que o 80% das publicacións indexadas en WoS foron publicadas en revistas JCR, e, delas, o 52% en revistas de Q1; que o 48% das publicacións indexadas en WoS foron publicadas en colaboración con persoas que traballan en institucións doutros países; e que o 39% dos traballos indexados en WoS foron publicados en revistas de acceso aberto. Na segunda parte do estudo presentamos indicadores de produción, impacto, colaboración e acceso aberto das publicacións dos últimos dez anos. Estes mesmos indicadores ofrécense por ámbitos temáticos, comparándoos cos resultados obtidos polas universidades da contorna: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña, Universidade do Minho, Universidade do Porto e Universidade de Aveiro.

O estudo completo pódese consultar na guía da Biblioteca dedicada a informes e estudos bibliométricos.

TAGS

Buscador

Post por Mes

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

diciembre 2020
LMMXVSD
30123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031123
45678910
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2020 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal