19 marzo, 2020 | 10:40:00

Estado dos servizos bibliotecarios durante as medidas para frear o COVID-19

No marco das medidas adoptadas polas autoridades universitarias e gobernamentais contra a expansión do virus COVID-19, a Biblioteca Universitaria suspendeu os servizos presenciais en todas as súas bibliotecas. Con todo, séguense prestando servizos a distancia e atendendo consultas e solicitudes de información a través de correo-e e teléfono. Na web da biblioteca detállanse os niveis de servizo que se están a ofrecer e as formas de contactar connosco...

Ao longo destas semanas estamos á túa disposición por correo-e ou teléfono en horario de 09:00 a 14:00 h. de luns a venres. Atopa a información dos niveis de cada un dos nosos servizos na nosa web : solicitude de adquisicións de libros, préstamo, acceso a revistas-e e outros recursos dixitais, catálogo, cursos de formación, apoio bibliométrico, préstamo interbibliotecario, repositorio Investigo... Estes niveis poderán experimentar variacions en función da evolución da situación sanitaria.

Seguimos traballando para manter os nosos servizos ata que se restableza a normalidade.

#QuedaNaCasa

Imaxe de Tumisu en Pixabay

TAGS

Buscador

Post por Mes

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

marzo 2020
LMMXVSD
2425262728291
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
303112345
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2020 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal