17 xaneiro, 2020 | 08:17:00

A publicacións científicas do persoal investigador da UVigo en 2018

A Biblioteca Universitaria vén de presentar o informe Publicacións científicas da Universidade de Vigo 2018, elaborado a partir dos datos extraídos das bases de datos Web of Science (Wos) e Scopus...

No estudo, elaborado pola Área de Servizos Bibliométricos, hai que salientar como datos máis relevantes: 1.365 documentos indexados en WoS e 1.429 documentos indexados en Scopus asinados por membros da UVigo; o 74% das publicacións indexadas en WoS foron publicadas en revistas JCR, e, delas, o 48% en revistas de Q1; o 46% das publicacións indexadas en WoS foron publicadas en colaboración con persoas que traballan en institucións doutros países; o 34% dos traballos indexados en WoS foron publicados en revistas de acceso aberto

Na segunda parte do estudo preséntanse indicadores de produción, impacto, colaboración e acceso aberto das publicacións dos últimos dez anos.  Estes mesmos indicadores ofrécense por ámbitos temáticos, comparándoos cos resultados obtidos polas universidades da nosa contorna: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña, Universidade do Minho, Universidade do Porto e Universidade de Aveiro.

O estudo completo pódese consultar na guía da Biblioteca dedicada a informes e estudos bibliométricos.

TAGS

Buscador

Post por Mes

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

enero 2021
LMMXVSD
28293031123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
1234567
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2021 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal