20 xuño, 2019 | 13:14:00

Dispoñible o número 5 do boletín Impacto

O novo número do boletín Impacto está dedicado ao número de citas e impacto normalizado que acadan en WOS os artigos publicados por membros da Universidade de Vigo entre 2009 e 2018. Este boletín recolle unha escolma dun traballo máis amplo, elaborado pola Área de Servizos Bibliométricos da Biblioteca Universitaria, que se pode consultar na guía de Informes e estudos bibliométricos...

Os indicadores bibliométricos baseados no número de citas que acadan os documentos teñen medrado nos últimos anos. As diferenzas nos hábitos de publicación e citación entre os distintos ámbitos temáticos non fan recomendable que se use o número absoluto de citas para comparar documentos de distintos ámbitos, polo que xurdiron os indicadores de impacto normalizado. Neste estudo empregamos o indicador CNCI (Category Normalized Citation Impact), que se calcula dividindo o número de citas recibidas por un traballo entre a media das citas obtidas polos traballos publicados ese mesmo ano na mesma categoría temática. O resultado é un número no que o valor 1 indica que ese artigo se sitúa na media para ese ano e ese ámbito, e calquera cifra superior e inferior indica que se atopa por riba ou por baixo da media respectivamente. Así, por exemplo, se un artigo acada un CNCI de 1,5, isto indica que obtivo un 50% máis de citas que a media dos artigos publicados nese ano na mesma categoría.

No número 5 do boletín Impacto, achegamos: para cada ámbito temático, o artigo que acadou un número de citas máis elevado en WOS, a distribución relativa das citas recibidas polos artigos segundo o ámbito temático no que están clasificados os artigos citados, e,     para cada ámbito temático, a distribución dos artigos segundo o impacto normalizado (CNCI) acadado en WOS.  Consulte aquí o estudo completo.

TAGS

Buscador

Post por Mes

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

agosto 2019
LMMXVSD
2930311234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930311
2345678
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2019 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal