9 novembro, 2017 | 14:29:00

Aperturas especiais de bibliotecas en novembro e decembro 2017 e xaneiro 2018

Para facilitar ao alumnado as tarefas de preparación dos exames de decembro-xaneiro, a Biblioteca Universitaria vai organizar unha programación de aperturas en horarios especiais (noites e fins de semana) a partir do vindeiro sábado 25 de novembro e ata o 18 de xaneiro de 2018.  As datas e horarios desta programación son os seguintes...

- Fins de semana e días festivos: de 8 a 22 h. nas bibliotecas de Torrecedeira, Central de Ourense e Central de Pontevedra ás fins de semana comprendidas entre o sábado 28 de novembro e o domingo 17 de decembro de 2017 (mais os festivos do 6 e 8 de decembro).  No mes de xaneiro de 2018, as aperturas comezarán o sábado 6 e rematarán o domingo 14.  Nestas mesmas datas, aínda que en horario de 9 a 21 h., abrirá tamén a Biblioteca Central do Campus Lagoas-Marcosende (Vigo).

- Noites: apertura ata as 3 h. da madrugada nas bibliotecas de Torrecedeira, Central de Ourense e Central de Pontevedra, do luns 27 de novembro ao xoves 21 de decembro (agás os festivos do 6 e 8 de decembro), e do luns 8 de xaneiro ao xoves 18 de xaneiro.

Imaxe: Scott Akerman, Studying, en www.flickr.com (CC BY 2.0)

TAGS

Buscador

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

noviembre 2017
LMMXVSD
303112345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930123
45678910
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2017 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal