Con obxecto de mellorar o sistema de recollida da opinión dos usuarios, a Biblioteca vén de reformular o proxecto de enquisas PREME que a partir de xaneiro pasou a basearse en preguntas de carácter bimestral. Con iso redúcese o número de preguntas a contestar durante o ano polos usuarios e, sobre todo, amplíase o prazo de recollida coa finalidade de incrementar os niveis de resposta ata o de agora rexistrados. Rematada a pregunta dos meses de xaneiro e febreiro (satisfacción cos horarios da Biblioteca), durante os meses de marzo e abril formulase unha pregunta sobre os edificios e instalacións das bibliotecas.
|
TAGS
|